Marta Nóvoa pon en valor a total colaboración co Consello de Contas para a mellora continua da ciberseguridade na Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, puxo hoxe en valor a total colaboración da institución provincial co Consello de Contas de Galicia para a mellora continua da ciberseguridade na Deputación. Nóvoa fixo esta declaración tralo remate da reunión celebrada na sala de xuntas do Pazo Provincial, onde os representantes do Consello deron a coñecer os resultados do informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade na Deputación, correspondente ao exercicio 2022. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A vicepresidenta, que estivo acompañada polo director da área de Transparencia, Fernando Suárez, e técnicos da institución, destacou o intenso traballo que vén de facer a Deputación na protección dos seus sistemas informáticos, con máis investimentos, formación e iniciativas de concienciación cara a loita contra as intrusións na rede corporativa. 

Neste sentido, dixo, a auditoría reflicte unha boa valoración no capítulo das copias de seguridade, “ferramenta fundamental para crear barreiras contra os ataques dos piratas informáticos”. O mesmo informe valora positivamente a fortaleza do centro de proceso de datos, “que acolle toda a infraestrutura que dá soporte tecnolóxico á institución”, así como os sistemas de control de acceso. 

Novas ferramentas antivirus e colaboración cos concellos para servizo de copias intelixentes 

Os resultados desta auditoría, engadiu Nóvoa, “non son estáticos, senón dinámicos no tempo e non dubido que o labor que se está realizando quedará reflectido na valoración que se realice en próximas análises”. Referíase a vicepresidenta á implantación de novas ferramentas que complementan os antivirus, cunha análise continua da rede e os equipos informáticos para detectar, identificar e previr ameazas avanzadas, ademais de novos sistemas en colaboración co Centro Criptológico Nacional. 

Marta Nóvoa quixo tamén destacar a cooperación cos concellos en todos estes ámbitos, “sendo seleccionado para financiar con fondos Next Generation un proxecto que permitirá estender aos concellos o servizo de copias intelixentes de seguridade”. 

A auditoría do Consello de Contas de Contas en ciberseguridade forma parte dun plan desta institución que, antes de que remate o presente exercicio, tamén se aplicará no resto das deputacións galegas, sendo Ourense a primeira delas.