Un ano máis,o día 1 de outubro botan a andar as escolas municipais de danza e teatro. Os usuarios e usuarias deberán apuntarse na área de Cultura do Concello de Carballiño, ondetamén serán informados sobre aquelas dúbidas que poidan existir sobre o desenvolvementodas actividades.
Co fin de facilitar e axilizar as inscricións , o modelo volverá a ser escalonado,así,este venres, 15 de setembro, abre o prazo de inscrición para as modalidades de teatro eballet. O martes 19 de setembro abre o prazo para Funky e bailes latinos, e o mércores 20 será o turno para zumba e pilates.

