Ruth Vidal gana o XVII Certame de Artes Plásticas da Deputación para novos creadores

A artista arousana impúxose coa obra “Lugar de lugares”, na que reflexiona sobre a paisaxe natural e artificial, nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 países 

O segundo premio foi para o madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra “Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro”, e o terceiro para a artista de Bueu Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza “Ciudades Telaraña” 

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu á entrega de premios e inauguración da exposición cos mellores traballos da presente edición do certame, destacando a gran calidade dos mesmos e o alto nivel dos participantes 

Ourense, 15 de setembro de 2023.- A arousana Ruth Vidal Suárez resultou ganadora da XVII edición do certame de artes plásticas da Deputación de Ourense para novos creadores coa súa obra “Lugar de lugares”, un traballo con espazos tridimensionais no que reflexiona sobre a paisaxe, tanto natural como artificial. Ruth Vidal, que recibirá un premio de 5.000€, impúxose nunha edición á que se presentaron 276 obras procedentes de 12 países distintos.  

Este carácter internacional do certame permitíu a presentación de traballos procedentes de Arxentina, Cuba, China, Colombia, Chipre, Francia, Italia, Kazajstan ou Suiza, entre outros, ademáis de gran parte da xeografía española. Os artistas deben ser menores de 35 anos.  

O segundo premio do certame, dotado con 3.000€, foi para o madrileño Jorge Fernández Valdés, pola súa obra “Ensamble pictórico 8 sobre prisma de mármol negro”, que combina pintura e escultura; mentres que o terceiro premio, con 2.000 euros de dotación recaeu na artista de Bueu Nerea Cordeiro Cerviño, pola peza “Ciudades Telaraña”, un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo.  

Verónica Vicente co vídeo “(Des) Vestirse” e Andrés Rivas Rodís coa pintura “El discurso del rostro” resultaron galardonados con dous accésits dotados con 1.000 euros cada un deles.  

O xurado desta edición estivo integrado exclusivamente por profesionais do mundo das artes plásticas con Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); Juan Carlos Román, pintor, escultor e profesor da Facultade de Belas Artes da Uvigo; Angel Cerviño, pintor, crítico e comisario de exposicións; Eva Torres, directora dos espazos expositivos do concello de Ourense e comisaria de exposicións; Rosendo Cid, artista, escritor e comisario de exposicións. Como secretario do xurado figurou o director do centro cultural da Deputación, Francisco González.  

Ademais dos premiados, o xurado fixo una selección dun total de trinta obras entre as 276 presentadas para conformar a exposición, que estará desde hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu á entrega de premios e inauguración da exposición cos mellores traballos da presente edición do certame, destacando a gran calidade dos mesmos e o alto nivel dos participantes.