A compañía de teatro Antagonista representa este sábado, 23 de setembro, a obra “Insubmisa”. É unha obra dirixida a público adulto, protagonizada por Iria Sobrado, José Vaquero e Javier Octavio. Insubmisa é unha avaliación sobre as posibilidades reais de ser libre máis aló de etiquetas individuais ou de xénero. Hoxe coñecimos mais sobra ela.
SINOPSE
Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu
estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, unhademente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que elapermanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade éincuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarselevar. Pero ela é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala. Nin o amor é cárceresuficiente para contela. Defraudar todas as expectativas é a única vía para acadar unha liberdade que
depende daqueles que escriben a súa historia.
Será ás 20,30h no auditorio municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.