O concello de Ribadavia mellorará camiños no núcleo de San Paio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O proxecto, de 47.854,94 euros, estará financiado pola Consellería de Medio Rural dentro do marco dos Plans de Infraestruturas Rurais

Ribadavia, 22 de setembro de 2023.- O Concello de Ribadavia mellorará dous camiños do núcleo de San Paio, a través dun investimento de 47.854,94 euros que estará financiado pola Consellería de Medio Rural.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actuación está deseñada polo goberno local e quedará enmarcada nos Plans de Infraestruturas Rurais (PIR) de Medio Rural, enfocados ao acondicionamento de espazos rurais para favorecer a mobilidade e os traballos do campo. Os camiños nos que se vai actuar son o camiño do Coto e o camiño do Castro ata o entronque coa carretera de Santa Cristina.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “esta actuación enmárcase no compromiso adquirido coa veciñanza de Ribadavia de acometer unha mellora integral das infraestruturas rurais do noso concello. Con esta primeira actuación iniciamos un programa de actuación que nos levará a mellorar infraestruturas en todas as localidades do concello.”

Actuacións

No caso do camiño do Coto a actuación consistirá na demolición dos primeiros 50 metros o pavimento existente de formigón, actualmente en mal estado. Nos 200 metros restantes da intervención prevista, o pavimento actual é de xabre con presenza de vexetación, polo que en ambos tramos acondicionarase o terreo para o posterior formigonado integral do camiño.

Pola súa banda, no caso do camino do Castro, debido ao mal estado do pavimento actual óptarase por unha tripla rega asfáltica. Asemesmo construirase unha cuneta de formigón nos primeiros 100 metros do camiño.