O concello do Carballiño celebra mañá unha nova sesión plenaria. Está é a orde do día

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño celebra mañá unha nova sesión plenaria, que poderán seguir en directo a través da nosa canle, dende as 09:30 horas. Entre os puntos da orde do día atópase o convenio entre o concello e o Sergas para o novo centro de saúde, as ordenanzas fiscais e a modificación de crédito para as Xociviga 2023.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En canto ás mocións da oposición, o BNG pide a instalación do Centro de Atención e Información da Seguridade Social e a cobertura das prazas de pediatría.

Por parte de Espazo Común, seguimos con referencias á sanidade, pedindo unha mellor ubicación para o centro de saúde do Carballiño.

Por outra banda, piden un mellor funcionamento das escolas municipais. Queren información sobre elas e sobre a súa cesión aos clubes e que se anuncie aos usuarios como se desenvolverá a tempada.

Por último, dende o Partido Popular retoma a actividade política con dedicación completa o voceiro Lino González. A primeira das mocións é relativa á xestión do parque municipal. Hoxe explicounos máis sobre a súa petición.

Por outra banda, tamén piden a reposición ou arranxo de mobiliario urbano e iluminación, alegando queixas cidadás sobre o estado das rúas e zonas como fontes.