O BNG de Cenlle alerta da perda do servizo de biblioteca

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“No último pleno municipal a incompetencia do equipo de goberno deixa sen servizo de
bibliotecaria ao municipio. Isto débese a que o xeito no que pretendía levar a cabo tal servizo era mediante a contratación dun posto de falso autónomo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Isto supón unha grave irregularidade que só demostra a ineptitude do grupo de goberno,
incapaz de cubrir o servizo a través dunha contratación pública acorde á legalidade ou
mediante a creación dunha posto de traballo público para levar a cabo o servizo.
O máis sorprendete é que, pese as advertencias por parte da secretaría municipal, o grupo de goberno pretendía que a oposición incurra nesta gravísima irregularidade, traéndoa a ser votada no pleno. Como non pode ser doutra maneira, dende o grupo muncipal do Bloque Nacionalista Galego opuxémonos a levar a cabo calquer tipo de contratación que supoña contravir a lexislación laboral e a lei de contratación pública.

Ante isto o BNG de Cenlle propón que se leve a cabo unha contratación lícita que manteña o servizo de biblioteca. Ante o que o equipo de goberno non aportou solución e decidiu votar en contra da súa propia proposta, tendo os votos suficientes para aprobala de pretendelo, e así, extinguir o servizo.
Así pois podemos ver que dende o Goberno Municipal son incapaces de manter o servizo da bibliotecaria, tratan de facelo mediante métodos irregulares, e posto que non consiguen a complicidade da BNG para esta torpe xestión, bótanse atrás e responsabilizan á oposición”.