Concello e deputación de Pontevedra súmanse á petición de melloras na N-541

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os alcaldes dos concellos das provincias de Pontevedra e Ourense agrupados ao abeiro do ‘Pacto Pedre’ que demanda unha remodelación integral da estrada N-541 sumaron este luns o apoio da Deputación e do Concello de Pontevedra.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no Pazo Provincial aos alcaldes adheridos ao denominado Pacto do Pedre (Cercedo-Cotobade, O Carballiño, Maside, O Irixo, Beariz e Punxín), nacido tras o tráxico accidente de autobús da noiteboa de 2022 no que morreron sete persoas. Entre as falecídas atopábase unha mestra do IES nº1 do Carballiño.

Pola súa banda, o apoio do Concello pontevedrés formalizarase a través dun acordo plenario que se aprobará na sesión prevista para este mes de outubro, segundo indicou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, coincidindo co plantexamento inicial destes concellos no que o Goberno debe mellorar a estrada N-541 “na medida do posible”.

Pero ademais destas demandas, Pontevedra solicitou a inclusión no documento de que Xunta e Goberno central estuden a construción dunha vía alternativa: unha nova autovía entre Pontevedra e O Carballiño, que teña conexión directa con Lalín.