O Carballiño celebra o domingo o 18º Día da Bici en familia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá, a Praza Maior acolleu a presentación do Día da Bici no Carballiño, que alcanza a súa 18ª edición este vindeiro domingo. Un evento lúdico e deportivo organizado dende a área de deportes do concello. Dará comezo ás 11:30 horas con saída e chegada á Praza da Veracruz. A concelleira de deportes, Silvia Baranda, destacou que se trata dun día de paseo, sen competición.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o venres día 6, de xeito online. Haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes e será obrigatorio o uso de casco. Os 300 primeiro participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento. Dende o Club Ciclista Carballiño, colaborador con este evento, adiantáronnos cal será o percorrido da ruta.