O Cine Club proxecta mañá venres “Te estoy amando locamente”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 6 de outubro o Cine Club do Carballiño proxecta no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño a última gran sorpresa do cinema español desta tempada, “Te estoy amando locamente”, dirixida por Alejandro Marin, un dos directores novos máis interesantes do panorana nacional. Ana Wagener, que fai o papel de nai tradicional e conservadora dun mozo que aspira a artista na Sevilla do ano 1977, cando aínda era un delito a homosexualidade no noso país. O amor polo seu fillo acaba por involucrala no xurdimento dos movementos LGTBi andaluces.

Unha película redonda e desenfadada, que se poderá desfrutar en dous pases, ás 20:00 e ás 22:30 horas, ambos loxicamente en castelán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO