O Cine Club proxecta este venres “El regreso de las golondrinas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 13 o Cine Club do Carballiño proxecta unha das películas máis fermosas da tempada, “El regreso de las golondrinas”, do chinés Li Ruijun. Unha película sinxela e honesta, capaz de transmitir unha enorme humanidade a través da historia dos seus dous protagonistas, Ma e Cao, expulsados das súas familias e obrigados a contraer un matrimonio concertado. A dureza da súa vía na China rural e valeira non impide que pouco a pouco xurda entre eles un amor e un respecto tratados con unha delicadeza que converten a cinta en algo hipnótico que acaba por atrapar ao espectador.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta ocasión os dous pases, ás 20:00 e ás 22:30 horas serán en versión orixinal subtitulada en castelán, coma sempre, no Auditorio Manuel María do Carballiño.