Instalación na Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño)
da vidreira artística de Antón Pulido, Kermesse para Arcadio.
Trátase dun gran vitral a toda cor ( 4, 80 x 2,78m) inspirado na obra do poeta Arcadio López-Casanova ( Lugo, 1942- Valencia, 2022).
Perpetuará a memoria do autor de Mesteres. Pódese visitar, todos os días, na Insua dos Poetas, xunto con outras 25 esculturas dedicadas a escritores da Literatura galega.
A entrada é libre.

A Fundación Insua dos Poetas está pendente da axenda de Luis Menor, presidente da Deputación, patrocinadora da peza de Antón Pulido, para o acto literario de inauguración.
Nese acto tamén contaran coa presenza dos familiares do poeta Arcadio López-Casanova, Anxo Lorenzo, director xeral de cultura da Xunta, alcalde do Páramo ( Lugo), alcalde do Carballiño e alcaldes da comarca e varios escritores e artistas que lembrarán a figura e a obra do homenaxeado.