O Novo Cine de Leiro proxecta esta fin de semana a estrea de “Avatar”

O Novo Cine de Leiro trae para esta fin de semana a estrea máis esperada, a nova película de “Avatar”. Jake Sully e Ney’tiri crearon unha familia e fan todo o posible para manterse xuntos. Non obstante, deben abandonar a súa casa e explorar as rexións de Pandora cando reaparece unha antiga ameaza.

Poderase ver o venres, sábado, domingo ás 16:30 horas e ás 20:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES