Paula Prado reivindica o compromiso do PPdeG co rural e coa comarca de Valdeorras na súa visita á Veiga

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

14 de outubro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, reivindicou hoxe na Veiga o compromiso do PPdeG co rural e coa comarca de Valdeorras, no marco da III Exposición Agrogandeira de Trevinca, Crianza Trevinca, que se celebra esta fin de semana no concello da Veiga.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa primeira visita á Veiga desde que é secretaria xeral, felicitou ao alcalde, Juan Anta, pola exemplar xestión do seu municipio, que o levou a acadar máis dun 76% nas últimas eleccións locais e 6 dos 7 concelleiros. Un resultado que, segundo a número dous dos populares galegos, demostra que o PPdeG está apegado ao territorio en toda Galicia, liderando cidades como Ferrol ou, no outro extremo da Comunidade, acadando varias maiorías fortes na comarca de Valdeorras.

De feito, o PPdeG goberna neste momento en Galicia en preto do 60% dos concellos de menos de 5.000 habitantes, que se benefician día a día dunha xestión pensada por e para o rural, desde a estabilidade, o rigor e o sentidiño que nos caracteriza.

Prado exemplifica isto coas medidas do Goberno de Alfonso Rueda para facilitar o asentamento e os servizos no rural, como son as casas niño, as casas do maior, a política de impostos cero no rural, os polos de emprendemento, as axudas ao agro, as concentracións parcelarias ou os preto dun cento de centros de saúde renovados.