Este venres 20 de outubro o Cine Club Carballiño proxecta a película italiana Las ocho montañas, gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cannes, 4 premios Donatello do cinema italiano, Mellor fotografía na Seminci de Valladolid…e unha magnífica acollida entre o público, tanto no seu país como fora del. O filme céntrase na amizade ao longo do tempo de Pietro, que vive na cidade, e Bruno, un mozo dunha aldea de montaña. Unha película chea de lirismo que acaba por converter á montaña e á natureza nun personaxe máis.
Baseada na novela homónima de Paolo Cognetti, aproveitarán para sortear dous exemplares da mesma, coma sempre en colaboración coa Libraría Escolma. Os pases serán ás 20:00 horas en sesión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.