A Xunta de Galicia pon en valor as obras de mellora realizadas na residencia xuvenil ourensá Florentino López Cuevillas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos usuarios da Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, onde saudou aos novos residentes que durante este mes de setembro se foron instalando con motivo do inicio deste novo curso 2021-2022.
A directora xeral percorreu as instalacións e puxo en valor as reformas levadas a cabo durante o verán cunha achega de máis de 73.000 euros. As obras estiveron centradas no acondicionamento das instalacións, na creación dunha biblioteca, no cambio da fontanería, entre outras remodelacións dos espazos. Ademais, Cristina Pichel tivo a oportunidade de charlar e coñecer aos colaboradores bolseiros desta residencia, cos que analizou as diferentes iniciativas que se realizan para dinamizar o centro.