Luis Menor comprométese coa Escola de Enfermería a ser “absolutamente reivindicativos, tanto para o futuro do propio centro como para as condicións laborais do seu persoal”

Reunión Escola Universitaria de Enfermería.- O presidente provincial, Luis Menor, recibe á directora da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense, Mª Milagros Fernández Varela, acompaña de María Milagros Reyes Pérez (representante do profesorado), Natalia Fariña (Secretaría Académica) e Claudio Cerdeiriña (Representante da Plataforma Procampus).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación a unha representación da Escola de Enfermería de Ourense, coa súa directora María Milagros Fernández á fronte, acompañadas polo responsable da Plataforma Pro-Campus de Ourense, Claudio Cerdeiriña. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión púxose de manifesto que a Deputación sempre estivo ao carón do Campus, así como o histórico labor que leva realizado a Escola de Enfermería de Ourense. Hoxe en día, chegado o momento da súa integración dentro do Campus, teñen xurdido algunhas dúbidas respecto á sua centralidade en Pontevedra. “Nós, desde a Deputación, estamos totalmente en contra e apoiamos que o decanato sexa en pé de igualdade en todos os centros, e que Ourense teña o que lle corresponde”, sinalou Luis Menor, quen reiterou que “imos ser absolutamente reivindicativos, tanto para o futuro do propio centro universitario como para as condicións laborais do seu persoal, que desempeña o seu labor dentro da máxima excelencia e profesionalidade”.  

De feito, o presidente provincial deixou claro que “trasladaremos as peticións diante da Dirección Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, aínda que xa están en vía de solución, trataremos de melloralas para rematar coas incertidumes”. 

Pola súa banda, a directora da Escola de Enfermería, María Milagros Fernández, agradeceu ao presidente provincial “a afabilidade e boa predisposición cara esta causa que é de Ourense”.