Espazo Común organiza unha charla debate sobre a ubicación do novo centro de saúde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común convoca unha reunión aberta para debater sobre a ubicación do novo centro de saúde. A xustificación de motivos é a seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Faise moi evidente que existe un fondo descontento entre a veciñanza do Carballiño pola elección do soar que ocupa a actual Estación de Autobuses como ubicación para o futuro Centro de Saúde. Son moitos os perxuizos e máis ben poucos os beneficios.

As explicacións ofrecidas tanto polo Concello coma polo Sergas para esta escolla son, cando menos, pouco claras e este pobo non pode resignarse sen máis.

Estamos a falar dunha infraestrutura esencial que afectará á vida dos carballiñeses para os vindeiros 40 ou 50 anos.

Dende Espazo Común, negámonos a pechar esta cuestión en falso e admitir argumentos coma “non hai máis remedio” ou “mellor iso que nada”. O Carballiño ten que mirar cara arriba e compararse con concellos que están a construir grandes centros integrais de saúde en ubicacións consensuadas e que permitirán moito mellores servizos. A diferencia entre medrar ou encollerse.

Por este motivo, imos organizar unha charla-debate para expoñer e recoller o sentir da cidadanía e procurar medidas que permitan corrixir este erro histórico sen poñer en risco a financiación nin os prazos.

Será o vindeiro mércores día 15 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura e nela poderán participar todos aqueles veciños que o desexen para expor o seu punto de vista e aportar propostas. A intención é abrir un debate participativo e construtivo onde todos aqueles que o desexen poidan emitir as súas opinións ao respecto”.