Este venres o Cine Club trae unha proxección especial, xa que se trata da última e recen estreada película dun director español que é xa un referente dentro do cine europeo e mundial, Víctor Erice, que aos seus 83 anos volve despois de moito tempo a dirixir unha película de ficción, “Cerrar los ojos”. Nárranos a desaparición dun coñecido actor, que nunca se chegou a aclarar. Anos despois, un programa de televisión recupera a súa figura a través das últimas escenas nas que participou.
Dada a duración da película, dúas horas e cuarenta e cinco minutos, adiantan o primeiro pase ás 19:30 horas, mantendo o segundo pase ás 22:30, como é habitual. Coma sempre, no auditorio Manuel María do Carballiño.