A UNED impartirá en maio no Carballiño un curso orientado á mellora emocional das persoas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A delegación da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Ourense vén de programar para O Carballiño o desenvolvemento do curso “Cultivando emocions transformadoras”, que terá lugar os días 10 e 11 de maio na Casa da Cultura, orientado a profesionais do eido da Psicoloxía e a Psiquiatría e tamén para a cidadanía en xeral.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta actividade foi presentada hoxe polo concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, e o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García Díaz. O responsable da área cultural do Concello agradeceu a aposta da UNED por impartir este curso na vila e o papel que supón este centro de ensino na formación dos cidadans.

García Díaz, pola súa banda, resaltou a traxectoria da UNED, a punto de cumplir 53 anos e un total de 200.000 alumnos matriculados, e comentou que este curso está aberto á participación dun total de 30 persoas, cun prezo de 40 euros por matrícula, e constará de 10 horas lectivas, dsitribuídas en dúas xornadas, e cun incentivo de 0,5 créditos FPS.

Os obxectivos deste curso son a consecución do benestar mental ao traverso da meditación e a súa repercusión positiva na saúde física das persoas, para profundizar no coñecemento emocional.