Información da Anpa do Conservatorio do Carballiño sobre a Banda de música

Nota de prensa    ANPA DO CONSERVATORIO DO CARBALLIÑO

Remitimos   o   seguinte   comunicado   dirixido   á   comunidade   educativa   do

AVANTAR ACTIVIDADES

conservatorio e a toda a veciñanza do Carballiño:

A directora  do  CMUS anunciou  na  asemblea  do  consello  escolar  celebrada  o

pasado  martes 7  de  novembro  que   o  director  da  banda retirou  material  e

instrumentos do centro.  Segundo informou a directora, as cadeiras, bombos, lira

e  máis  instrumentos  pertencen á  banda, polo  que   trasladaron  o  devandito

material á súa nova  sede, que é a escola infantil situada xunto ao auditorio.

A banda sepárase definitivamente do CMUS.  O material e os instrumentos da

banda foron sempre compartidos co alumnado do CMUS. O seu local de ensaio

foi sempre a sala de orquesta do conservatorio, cun trasteiro no centro.  Agora o

CMUS terá que  facer un investimento priorizando a compra de cadeiras.

Parece que  o problema  de  convivencia  que  se arrastra dende hai  tempo  se

consuma coa separación definitiva da Banda do CMUS.

Como  é sabido por todos, o CMUS tivo nas últimas dúas décadas un forte perfil

bandístico  cun  numeroso alumnado  de  vento  madeira,  vento  metal,  así  como

estudantes de  percusión.  O  concello  apoiaba  loxística  e  económicamente  o

modelo bandístico do CMUS dende 1998  (data  de fundación da banda-escola),

incluso   remunerando  o  soldo   do   director.   A  Banda,  escola   de   música   e

conservatorio compartiron proxectos, recursos e actividades. O conservatorio e

a  escola  de  música  formaron  alumnos  que  completaron  a  súa formación  “en

grupo” na Banda.

Hoxe case non hai estudantes de vento  no grao  profesional do conservatorio e

nada queda dese modelo bandístico.