A Deputación colaborará cos concellos de Cualedro e Monterrei no desenvolvemento de iniciativas sociais e infraestruturas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente Luis Menor reuniuse con Luciano Rivero  e José Luis Suárez para analizar os proxectos de cooperación en marcha en ambos municipios, así como na mancomunidade de Verín 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 16 de novembro de 2023.- O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo esta mañá un encontro de traballo cos rexedores de Cualedro e Monterrei, Luciano Rivero e José Luis Suárez, no marco da rolda de contactos que está a manter con todos os representantes das entidades locais ourensás trala súa chegada á presidencia da Deputación. 

Co alcalde de Cualedro, Luis Menor analizou unha proposta de colaboración para a rehabilitación dun edificio que antigamente albergaba as oficinas dunha entidade financeira e que foi doado ao concello. Agora, o rexedor proxecta neste inmoble a construción de dúas vivendas sociais e o acondicionamento dun espazo para os servizos sociais municipais. 

Polo que respecta a Monterrei, o alcalde abondou na necesidade de manter o convenio asinado a tres bandas entre o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia para a conservación  do castelo, ademais das actuacións pendentes no balneario de Requeixo, acometidas pola institución provincial grazas a un convenio coa entidade local, así como a continuación da senda peonil que se está a construír na estrada provincial OU-1021, onde a Deputación xa investiu 200.000 euros. 

Ambos alcaldes tamén falaron sobre proxectos supramunicipais, dado que José Luis Suárez tamén preside a Mancomunidade de Municipios de Verín. Na xuntanza analizaron o mantemento da colaboración coa Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín, entidade que á súa vez preside o alcalde de Cualedro. 

Como no caso dos dez rexedores recibidos nesta semana, Luis Menor aproveitou o encontro para explicar algúns dos detalles recollidos no Plan CooperOU, o novo modelo de financiamento para a cooperación cos concellos. 

Estes contactos súmanse os mantidos esta semana cos alcaldes e alcaldesas de Vilardevós, Eva María Pérez; Arnoia, Rodrigo Aparicio; Leiro, Francisco José Fernández; Entrimo, Ramón Alonso; Verea, José Antonio Pérez; Ramirás, Isabel Gil; e Padrenda, Manuel Pérez.