Moción do BNG a prol do investimento en novas instalacións para o asilo da Fundación Nosa Señora dos Anxos en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No pleno municipal de Ribadavia, que terá lugar no serán de hoxe xoves día 30 debaterse unha moción do BNG na que propomos que a corporación municipal de Ribadavia esixa das diferentes administracións, en especial da que é competente na materia, a Consellería de Política Social, que dunha vez acheguen os fondos necesarios para acometer unhas novas instalacións aptas para continuar co labor da residencia da terceira idade da Fundación sen ánimo de lucro Nosa Señora dos Anxos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste inicio do actual mandato municipal compre que os grupos municipais desta corporación manifestemos este compromiso e unidade para garantir a continuidade da Fundación.

MOCIÓN A PROL DO INVESTIMENTO EN NOVAS INSTALACIÓNS PARA A FUNDACIÓN NOSA SEÑORA DOS ANXOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Fundación Nosa Señora dos Anxos desenvolve historicamente un traballo fundamental no ámbito asistencial, especialmente na atención ás persoas maiores a través do asilo de San Domingos.

A residencia actual naceu froito da vontade altruísta de José María Martínez Vázquez e continúa ate hoxe coma unha auténtica entidade de acción social sen ánimo de lucro.

É coñecida dos grupos municipais que formamos parte do padroado da Fundación a entrega do persoal que traballa no asilo, pero tamén da precariedade de medios e instalacións que padece. Asemade, tamén somos coñecedores os grupos municipais de que tanto a Fundación coma o Concello de Ribadavia carecen de recursos para acometer  unhas novas instalacións aptas para continuar co seu labor dentro dos requerimentos.   

Xa que logo, no inicio deste mandato compre que os grupos municipais desta corporación  manifestemos este compromiso e unidade e por elo, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes

ACORDOS

1. Demandar da Consellería de Política Social a súa contribución para a construción e dotación dunhas novas instalacións para o asilo da Fundación Nosa Señora dos Anxos.

2. Demandar da Deputación provincial de Ourense a súa contribución, agrupando fondos equivalentes alomenos a dez anualidades da axuda que actualmente presta á Fundación.

3. Demandar do Ministerio de Dereitos Sociais a dotación de fondos mediante programas de apoio a entidades non lucrativas como a Fundación Nosa Señora dos Anxos.

4. Manifestar inequivocamente a vontade de que a Fundación sexa quen xestione directamente o futuro asilo, mantendo o seu compromiso fundacional sen ánimo de lucro e que as súas instalacións futuras se sitúen o máis preto posible do casco urbano de Ribadavia sen afectar a San Domingos nin demais elementos patrimoniais da nosa vila.