Este venres día 8 de decembro poñemos fin á programación do ano 2023 coa proxección dunha das grandes sorpresas do cinema español nesta tempada, Tierra de nuestras madres, de Liz Lobato. Comedia con tintes surrealista, é unha obra orixinal , diferente e refrescante, ambientada na España rural e vaciada. Conta ademais cunha excelente interpretación do veterano Saturnino Garcia. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.