O deputado de Medio Ambiente recibe ao alumnado do proxecto gañador do premio “Ourense provincia sostible” da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 18 de decembro de 2023.- O deputado de Medio Ambiente, Jose María Lago, acompañado pola xefa do servizo de Augas e Medio Ambiente, Maria Sabas, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao alumnado do colexio Santo Ángel, gañadores do premio “Ourense provincia sostible” da Deputación, concedido no marco do congreso Futurgal Summit. 

Jose María Lago felicitou ao alumnado por este innovador proxecto que da boa conta do “talento que atesoura o noso alumnado”. O obxectivo deste recoñecemento era involucrar á mocidade como axentes de cambio e fomentar a actividade innovadora entre os estudantes preuniversitarios, promovendo competencias e habilidades como a creatividade, a autonomía, o traballo en equipo, a confianza, a solidariedade, entre outros valores. 

O gañador deste premio foi o proxecto “BMC” deseñado por David Portabales, Ana Nóvoa, Noa Sanz e Nicolás Garrido, que propoñen reducir biomateriais de construción empregando derivados do amidón para realizar bioplásticos. O alumnado de 4º da E.S.O., acompañados pola súa profesora, Rocío Prieto, aseguraron que recibir este premio foi “reconfortante e unha inmensa alegría porque competiamos con equipos de Formación Profesional e Bacharelato”.