A recadación do partido benéfico contra o cancro de mama foi entregada a favor da asociación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Rodríguez-Saá, presidente da asociación, recibiu o cheque recadado polo partido disputado entre EFF Rosalía e o equipo Mulleres de Ourense, que conseguiu unha cantidade de 2.245 euros
  • Rodríguez-Saá, presidente da asociación, expuxo: “Con iniciativas como este partido benéfico, a nosa sede provincial en Ourense apóiase e apoiarase os próximos anos en investigación, prevención, diagnóstico precoz e equidade”

Ourense, 19 de decembro de 2023.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, a asociación española contra o cancro de Ourense puxo en marcha a campaña “O rosa é máis que unha cor”, que tivo lugar a finais de outubro cun partido benéfico contra o cancro de mama.

O partido benéfico foi disputado entre o EFF Rosalía e o equipo Mulleres de Ourense no campo de fútbol municipal de Oira, polo que conseguiuse unha recadación de 2.245 euros. Toda esa recadación foi orixinada pola venda das entradas, participación dos patrocinadores, dos colaboradores e a fila cero.

Na mañá de hoxe, levouse a cabo o acto da entrega da recadación do partido benéfico na sede provincial da Asociación cunha gran participación.

Rodríguez-Saá, presidente da asociación, expuxo: “Con iniciativas como este partido benéfico, a nosa sede provincial en Ourense apóiase e apoiarase os próximos anos en investigación, prevención, diagnóstico precoz e equidade, que son as puntas de lanza fronte ao cancro. Actividades como esta axúdannos a reforzar cada unha destas variables e a celebrar os avances que estamos a conseguir fronte á enfermidade. Agradezo a implicación a todos e todas polo seu tempo, o seu agarimo e a súa constancia para axudarnos nos nosos obxectivos.”

Na entrega do cheque estiveron presentes Germán Rodríguez-Saá, presidente da Asociación; Yuse Vázquez, vicepresidente da EFF Rosalía; Jorge Pumar, deputado provincial da Deputación de Ourense; Armando Ojea, tenente-alcalde do Concello de Ourense; Ana Fernández, Noa Rouco e Tamara Silva, concelleiras do Concello de Ourense e xogadoras; Natalia González e Alba Iglesias, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE e xogadoras; Inmaculada Moreiras e Sonia Ogando, concelleiras do grupo municipal do PP; Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG; Diego Sotelo, secretario do clube Ourense CF; dúas representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras.

A Asociación, 69 anos de experiencia na loita contra o cancro

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 69 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar ao lado das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade, se llelo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa fundación científica, a Asociación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 92 millóns de euros en 525 proxectos, nos que participan máis de 1000 investigadores.

A asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 sedes provinciais, e presente en máis de 2000 localidades españolas, conta con case 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e 1007 profesionais. 

Durante o 2021, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu  136.000 persoas afectadas pola enfermidade.

www.asociacioncontraelcancer.es Twitter/ @ContraCancerOU. Facebook/Asociación Española Contra el Cáncer Ourense. Instagram/contraelcancer.ourense