Ribeiro en Común reclama información sobre a única vivenda pública dispoñible en Ribadavia

A formación de Ribeiro en Común pide información ao concello sobre a única vivenda pública dispoñible en Ribadavia. A súa petición estivo acompañada do seguinte texto:

“A vivenda pública situada na Rúa Salgado Moscoso de Ribadavia, está en proceso de alugarse de novo. Ribeiro en Común pide máis transparencia as Administracións para informar mellor a sociedade, e darlle así a oportunidade a todas as persoas que poidan estar interesadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tampouco entendemos o silencio do Concello sobre esta cuestión tras a última xuntanza recente coa Consellaría de Vivenda.
Semella que o PP, no Concello e na Xunta, prefiren a propaganda de anunciar repetidamente o mesmo Proxecto, xa coñecido e anunciado (Rexurbe), e sen embargo, optan por non informar da única vivenda dispoñible actualmente que existe en Ribadavia e que está libre desde fai semanas.

No día de onte o goberno tampouco aproveitou as Comisións informativas do Concello para informar aos grupos. Se ocultan información, malo, se o goberno descoñece esta información, aínda peor.Unha mostra máis de que o novo goberno continúa instalado na propaganda no lugar de gobernar e xestionar.

Ribeiro en Común reclama que se faga público porque un dos requisitos para poder optar ao sorteo desta vivenda pública é atoparse inscrito ou anotado no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia (IGVS- Xunta) no municipio de Ribadavia.

Así mesmo, recomendamos que todas as persoas interesadas soliciten maior información no Instituto Galego de Vivenda e Solo”.