Como cada Nadal dos últimos cinco anos, a Escola de Fútbol Terras de Maside organiza un torneo solidario ca finalidade de recadar alimentos e xoguetes. Neste caso, a recadación será doada á Aspadisi, como xa o foi a última andaina e carreira.
O torneo terá lugar mañá sábado, dende as 09:30 horas da mañá ata o mediodía, no campo do Outeiro Grande. Os equipos cos que contarán nesta ocasión serán o Ribadavia Atlético, a Escola de Fútbol de Lalín, o C.D Cea e a propia Escola Terras de Maside.
Os equipos participantes colaborarán ca entrega de alimentos, e todos os que se acheguen poderán facelo mercando unhas rifas para a ocasión, ou colaborando do xeito que prefiran.