O Cine Club contará con dobre programación para esta fin de semana

Esta fin de semana, o Cine Club ten programación dobre. O venres no Auditorio Manuel María proxectan “La peor persona del mundo”, a última película de J. Trier, nominada a dous Óscar (Mellor película internacional e Mellor guión orixinal), premio do público no Festival de Sevilla, entre outros. Mestura de comedia, drama e romance, céntrase na vida de Julie e as súas relación amorosas e preocupacións existenciais. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS. 

E o domingo día 27, tamén no auditorio e en pase único ás 19:00 horas, ofrecen un documental español, “Tierra de leche y miel”, centrado na historia de diferentes refuxiados que escapan de distintos conflitos. 

AVANTAR ACTIVIDADES