Ribeiro en Común critica a proposta do PP para os Orzamentos 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Ribeiro en Común critica en diversos puntos a proposta de orzamentos presentad apolo Partido Popular, que será levada a pleno este vindeiro xoves. O texto completo coas críticas a diversos aspectos é o seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Este xoves, 28 de decembro, irá a Pleno un documento que foi presentado aos grupos cunha escasa semana de antelación.

– A aportación do actual goberno a este orzamento parécenos intranscendente. A penas logran aumentar o Orzamento do ano pasado, é de unha continuidade absoluta coas liñas establecidas polo anterior goberno de coalición. De feito, copian e fan todo o que antes criticaban.

– Escaso investimento real, cando se vendeu que aquí a Xunta e Deputación ia traer a Ribadavia millóns.

O máis grave de todo é que as mentiras da campaña electoral quedan demostradas.

– Por suposto, o proceso de debate e dialogo que existiu en 2021 e 2022, con maioría absoluta do goberno de coalición, non se deu agora co PP. Máis ben todo o contrario, recibimos o resumo do documento unha semana antes do Pleno, que será este xoves.

– As liñas marcadas por Ribeiro en Común en áreas como dereitos sociais ou urbanismo e casco histórico son copiadas, literalmente, xa que co noso grupo no goberno produciuse un aumento do gasto social e das axudas: conciliación, material escolar, bono social para calefacción, luz, aluguer ou alimentos, así como tamén a planificación previa de melloras constantes na zona monumental, nunca antes tivera partida propia.

Tamén con nós inauguráronse as partidas propias para colaborar por vez primeira para as Redes e Comunidades de Augas Veciñais, ou unha partida nominal para o Asilo.

Sen embargo, están ausentes os investimentos reais, como os que logrou o noso goberno, por exemplo o importante investimento logrado para facer fronte a reivindicación histórica de novo saneamento e beirarrúas en San Cristovo, ou a instalación de novas luminarias en zonas de ampla concorrencia que antes non dispoñían, como por exemplo no parque da Veronza.

Sen embargo, do programa electoral triunfalista do PP non hai nin rastro neste Orzamento, tampouco das colaboracións de Xunta e Deputación, demostrándose que o PP local fixo falsas promesas.

– Procedemento Plenario:

En 2023 foi a primeira vez que se aprobaba un Orzamento municipal en ano electoral nos Concellos, con esa premisa, e xunto a importante subida salarial aprobada polo goberno do Estado, foi o motivo polo que se levaba ao Pleno con prazos máis breves e urxentes.

En xaneiro de 2023 a oposición, PP e BNG, daquela mesmo chegaron a afirmar que se lles faltou ao respecto por usar uns prazos semellantes aos de este ano, pero coa salvedade de que en 2023 a urxencia estaba en ser ano electoral municipal, e na subida salarial aprobada desde o goberno do Estado.

Agora, sen ningunha escusa real para abreviar o calendario de debate, o actual goberno do PP fai o mesmo, pero co silencio do BNG, cuxa portavoz local só facía oposición contra a esquerda.

– Continuidade e promesas electorais desaparecidas:

En 2024 o PP presenta un Orzamento de 5.432.029,67, dos cales case 3 millóns de euros destinaranse a gastos de persoal, e que a penas aumenta respecto ao de 2023.

O anterior grupo de goberno do Concello de Ribadavia, tamén con maioría suficiente (aínda que de coalición e coa responsabilidade de facenda de Ribeiro en Común) aprobaron un Orzamento en 2023, que ascendía a 5,2 millóns de euros, mentres que este ano a pesar da ampliación do Plan Provincial Único, recentemente aceptado na Deputación, o PP non consegue a penas aumentar o orzamento do ano anterior nin os investimentos reais. E non o fai a pesar da amortización en 2023 do principal préstamo que o Concello de Ribadavia tiña, e que como xa anuciara o anterior goberno remataría no Orzamento 2023.

– A aportación do actual goberno a este orzamento parécenos intranscendente.

Este Orzamento que presenta o PP é moi desagradecido coa amplo apoio cidadán que obtivo nas urnas, e non vai aportar nada ás melloras que o futuro de Ribadavia necesita.

Collendo prestadas as palabras do ano pasado do actual alcalde, a presentación destas contas si son una tomadura de pelo, xa que a diferenza deste ano, no pasado posibilitaron entre outras co-financiar a obra, e rematala, de renovación de canalizacións e beirarrúas en San Cristovo, unha débeda histórica que despois de décadas o goberno municipal de coalición cumpriu”.