Cen anos non se cumpren todos os días. Pero hoxe fomos convidados a outra celebración. Aurora Paz recibiu hoxe unha sorpresa para celebrar que cumpre 100 anos. Amigos e familia rodeárona nunha gran comida no restaurante Esclavo do Carballiño. Emocionada, o único desexo que quere pedir é que todos os que acompañan logren cumprir os anos que ela celebra hoxe. Parabéns Aurora!
Neste día tan especial, tampouco quixo perderse esta homenaxe o alcalde de Cea, José Luis Valladares, quen tivo palabras de cariño para unha das veciñas do seu pobo. Toda unha honra para el celebrar este día.