Luis Menor comprométese a intensificar a cooperación da Deputación coa Academia Xacobea para difundir e promocionar os camiños de Santiago que pasan pola provincia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial recibiu ao presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e recalcou que “un dos nosos grandes obxectivos é darlle a maior difusión posible ao fenómeno xacobeo na provincia, tratando de atraer viaxeiros que veñan a Galicia en AVE e poidan peregrinar pola Vía de la Plata para acadar a Compostela en bicicleta desde A Gudiña ou a pé desde a cidade” 

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, manifestou sentirse “agradecido co presidente provincial por terme recibido, escoitado e amosado a súa boa disposición nos obxectivos nos que coincidimos plenamente” 

Ourense, 3 de xaneiro de 2024.- O presidente provincial, Luis Menor, mantivo esta mañá, na Deputación, un encontro de traballo co presidente da Acadamia Xacobea, Xesús Palmou. O obxectivo fundamental foi reforzar as as liñas de colaboración entre ambas institucións, “que xa se viñan producindo e que pretendemos intensificar”, apuntou Menor. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas liñas de cooperación pasan, en primeiro lugar, pola celebración dunha sesión plenaria da academia en Ourense, co obxectivo de promocionar os diversos caminos de Santiago que cruzan a provincia. “Esto é un obxectivo primordial para a Deputación, pois queremos aproveitar ao máximo o fenómeno Xacobeo, incidindo especialmente en algo moi singular como é a posibilidade a traer viaxeiros da Meseta, que chegan en AVE, algo que pode influir positivamente na Via de la Plata. Desde a súa modalidade a pé desde a cidade ou en bicicleta, baixando na Gudiña para completar os 200 kilómetros para acadar a Compostelana”, explicou o presidente provincial. 

Outra das liñas de colaboración fixadas consiste en cooperar cos medios propios da Deputación nas diferentes publicacións que elabora a Academia Xacobea, “coa finalidade de darlle a maior difusión posible ao fenómeno xacobeo, en particular no que atinxe á provincia de Ourense. A boa sintonía entre ambas institucións facilita estes obxectivos, de aí que o encontro foi moi fructífero”, sinalou Luis Menor. 

Pola súa banda, o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, manifestou sentirse “agradecido co presidente provincial por terme recibido, escoitado e amosado a súa boa disposición nos obxectivos nos que coincidimos plenamente”. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------