A Executiva local do PSdeG-PSOE de Ourense constituíu o seu comité de campaña do que forman parte máis de 40 persoas. O organismo estará coordinado pola secretaria xeral, Natalia González Benéitez, e o responsable do mesmo será o secretario de organización, José Ramón Fernández Morgade.
Do mencionado comité forman parte os integrantes da propia Executiva, mais tamén da candidatura da cidade e se implicará a toda a militancia para que o cambio de goberno que se pretende conquistar sexa unha realidade o vindeiro 18 de febreiro.
A secretaria xeral da agrupación destacou que os e as socialistas contan co mellor candidato posible e cun equipo de homes e mulleres competentes e solventes en diferentes eidos. “Hai proxecto político para gobernar Galicia os vindeiros catro anos, ou máis, e Ourense vai con toda a forza e ilusión para acadar un resultado co que perda o PP e gañe a cidade”, indicou.
“Non imos a perder nin un minuto máis. O traballo comeza dende xa para que o PP non volva nunca máis á presidencia da Xunta de Galicia”, subliñou durante a reunión que tivo lugar onte á tarde na sede do partido. “Temos a sorte de contar con perfís sobradamente válidos e con moita experiencia noutras campañas municipais, autonómicas, xerais e europeas”, advertiu en referencia ao comité e ás eaos integrantes da lista que forman parte de Executiva e a militancia.
Un papel esencial, como aconteceu xa nas últimas eleccións celebradas, xogará a xente nova a través das XX.SS. ás que, tanto a secretaria xeral como o resto da Executiva, agradeceron a súa implicación e consideraron de xustiza recoñecer o tesón e traballo desenvolto. “Debemos ir da man da xuventude porque nos fan poñer os pés na terra e nos aproximan ás necesidades máis urxentes das xeracións máis recentes. É indiscutible que miran o mundo con outros ollos e sensibilidades que nos enriquecen”, rematou González.