Agrupación Fotográfica Fotosíntese presenta: “Mans que Falan”



Un ano máis, FotoSíntese acude ao Liceo Recreo de Ourense para
presentar a súa Expo Fotográfica Colectiva anual.
Este ano a nosa Agrupación realiza a súa decima exposición
colectiva, van dez anos de continuado traballo e de evolución do
noso colectivo. O tema escollido para este 2023, titulase: “Mans
que falan”. Un conxunto de 26 imaxes, tanto en cor como en
b/n, correspondentes a outros tantos autores.
Con esta colección de fotografías que teñen, a pretensión, de
levar como fio conductor o transmitir o poder das mans como
unha linguaxe que por si mesma ten forza de abondo como
elemento de comunicación e que, noutras ocacións,
acompañando as nosas verbas as reforzan e visibilizan de xeito
máis nidio sin ser conscentes delo na maioría das ocasións.
As mans falan, con elas podemos facer as cousas máis fermosas
e tamén as máis terribles e escuras.
As nosas mans son reveladoras dun mundo infinito de situacións
e contextos: definitorias da nosa personalidade , das nosas
capacidades e mesmo territorio de controversia.
Vai moitos séculos, o filósofo Anaxágoras mantiña que:”…as
persoas pensamos porque temos mans..” e Aristóteles retrucou
dicindo que:”… os humanos temos mans porque somos
intelixentes…”
Agardamos que disfrutedes da visita a nosa mostra colectiva e
tamén conseguir que estas imaxes teñan tamén o poder de
sedución do que gozan moitas mans.