A número un pola provincia de Ourense nas eleccións ao parlamento de Galicia, Carmen r. Dacosta, e a deputada no congreso, Marga Martín, reuníronse coa directiva de Apsou para coñecer as súas demandas e necesidades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Quixemos ofrecerlle, nesta visita, o noso apoio e total dispoñibilidade aos e ás usuarias desta entidade que en 2024 celebra o seu cincuenta aniversario e que leva tantos anos loitando pola integración”, sinalou a socialista Marga Martín

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Os e as socialistas de Galicia, con Besteiro á cabeza, impulsaremos as políticas de integración das persoas con discapacidade porque realmente é necesario e teñen os mesmos dereitos que todas e todos”, afirmou Carmen Rodríguez Dacosta

Ourense, 20 de xaneiro de 2024. Logo da histórica votación que tivo lugar este xoves, 18 de xaneiro de 2023, no Congreso dos Deputados coa que se aprobou a modificación do artigo 49 da Constitución para mudar o termo “disminuidos” polo de “persoas con discapacidade”, a deputada do PSdeG-PSOE por Ourense, Marga Martín, e a número un da lista socialista pola provincia ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, asistiron a un encontro con representantes da Asociación de Persoas Xordas da cidade.

Martín amosouse satisfeita coa reforma lexislativa que “restitúe, en certo modo, a dignidade de todas as persoas con algunha discapacidade e diversidade” pero tamén consciente de que queda moito traballo por facer no que a políticas sociais se refire. “Quixemos ofrecerlle, nesta visita, o noso apoio e total dispoñibilidade aos e ás usuarias desta entidade que en 2024 celebra o seu cincuenta aniversario e que leva tantos anos loitando pola integración”, sinalou ao rematar o encontro.

Por parte da entidade, estiveron na reunión o presidente da mesma, Martín Luis Becerra; a secretaria xeral, Sara Janeiro Vázquez; e a intérprete da asociación que explicaron as barreiras coas que se atopan no día a día e que, na maioría dos casos, teñen solucións sinxelas se hai vontade política. 

Pola súa banda, Dacosta incidiu en que na actualidade aínda son moitas as eivas coas que se atopan as persoas xordas, sobre todo no eido sanitario, cultural e educativo -sendo estes servizo básicos aos que xa deberían ter acceso con normalidade-. “Os e as socialistas de Galicia, con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza, impulsaremos as políticas de integración das persoas con discapacidade porque realmente é necesario e teñen os mesmos dereitos que todas e todos”, afirmou.

Esta mesma semana, foi o candidato á presidir o goberno autonómico o que asumiu o compromiso de deixar atrás o modelo de recortes nos servizos públicos que leva aplicando o PP, primeiro con Feijóo e agora con Rueda, os últimos 14 anos.