As e os socialistas de Limia culpan ao presidente dos regantes de descoñecemento e actuar “cunha finalidade política” contraria aos intereses do sector

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Para Elvira Lama, o presidente de Nova Limia fai declaracións “sobre a base de informacións erradas no nome de terceiros cunha finalidade política, porén de congratularse do ambicioso proxecto de regadíos”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto é unha aposta decidida do MAPA para o futuro desenvolvemento da comarca da Limia e dos seus produtores, que poderán ver diversificados os cultivos, cun proxecto eficiente e sostible que aposta polo aforro enerxético e hídrico.

Xinzo de Limia, 25 de xaneiro de 2024. O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia culpa ao presidente da comunidade Nova Limia, Amador Saburido, de “proferir declaracións sobre a base de informacións erradas no nome de terceiros actores cunha finalidade eminentemente política, porén de congratularse do ambicioso proxecto de mellora dos regadíos, que representan o maior investimento do goberno central na historia da comarca”. A voceira socialista, Elvira Lama, cualifica o ataque de Saburido de “completamente pérfido”, xa que o presidente de Nova Limia aseverou en declaracións aos medios de comunicación da provincia de Ourense que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) “non pon absolutamente nada para facer as obras de modernización dos regadíos”, resultando “a todas luces incongruente, xa que el mesmo asinou, en presenza do Ministro Luís Planas, en Ourense, o convenio coa Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (SEIASA), que é a empresa pública responsable dos traballos”.

“A mala fe do señor Saburido é patente porque este coñece perfectamente que a vontade do MAPA é incluír o regadío da Limia na Fase II de transferencia de fondos a SEIASA para levar a cabo as obras, e que estes son fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se reparten entre diferentes ministerios, destinándose a metade dos fondos que corresponden a Agricultura a obras de modernización de regadíos das zonas do Estado que máis o precisan, entre as que se inclúe a Limia”, explica Lama. Segundo a voceira socialista, “por suposto que é de agradecer o feito que a Xunta de Galicia realice o esforzo de poñer os pozos e os dote de enerxía para bombear auga ás tres balsas de almacenamento que comprende o proxecto, pero de ningún xeito a dinámica do goberno autonómico é quen de suplir toda a infraestrutura que se precisa facer ulteriormente para levar auga ás diversas parcelas e que representa o groso dos traballos, e que o Ministerio sufraga á altura do 80%”.

O PSdeG-PSOE da Limia sinala que “ao mellor resulta que o presidente de Nova Limia non é consciente do que asinou porque segue na súa teima de que os regantes terán que pagar o 20% do monto, amais do IVE, tal e como ocorre noutras partes do territorio español”. “O señor Saburido debería prestar máis atención ao que si se fai noutras comunidades, onde os gobernos autónomos dispoñen de liñas de axudas e mesmo de subvencións ás que se poden acoller as comunidades de regantes. Deste xeito, se realmente pretende defender os intereses do colectivo ao que represente, o mellor sería que lle pregunte pola posibilidade de poñer en marcha este tipo de partidas ao Conselleiro da Xunta que o asesora e pon na súa boca este tipo de declaracións”, sostén Elvira Lama. Para esta, “o presidente de Nova Limia tamén debería explicarlle polo miúdo aos regantes que así llo pediron no xulgado a razóns detrás do incremento do orzamento do proxecto, que contempla obras de infraestruturas en terreos comunais que nin tan sequera están á súa disposición e que elevaron o custo do proxecto de 15,9 a máis de 35 millóns de euros”.

Outro aspecto no que o presidente da comunidade Nova Limia fixo especial fincapé en medios é a orixe dos fondos do proxecto, chegando a criticar que os recursos proveñen de Europa. “Tal feito non debería inquietar aos regantes, xa que Europa sufraga multitude de obras a través de diferentes administracións, mesmo da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, e ninguén os critica”, subliña Lama. Este investimento é unha aposta decidida do MAPA para o futuro desenvolvemento da comarca da Limia e dos seus produtores, que poderán ver diversificados os cultivos, cun proxecto eficiente e sostible que aposta polo aforro enerxético e hídrico. Para as e os socialistas da Limia “trátase dunha oportunidade única que non debemos desperdiciar, e máis cando as comunidades de regantes da Limia deixaron pasar unha primeira oportunidade, en 2011, por desidia e, tamén daquela, por deixarse mal aconsellar. Mesmo cando aquel proxecto de regadío custaba 50 euros por hectárea ao ano ningún dos interesados fixo nada”, conclúe a voceira socialista.