A Deputación súmase á concentración silenciosa polos gardas civís asasinados en Barbate

O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado por traballadores da administración provincial, participaron esta mañá na entrada do Pazo Provincial na concentración silenciosa convocada pola FEMP, con motivo da morte en acto de servizo de dous gardas civís, como mostra de apoio e solidariedade coas familias dos axentes falecidos e en recoñecemento ao gran labor realizado polos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.