O PP conserva a maioría absoluta en Galicia con 40 deputados de 75 (dous menos que en 2020). A formación que lidera Alfonso Rueda logra así a quinta maioría absoluta consecutiva nesta comunidade, a primeira con el como candidato, tras a saída en 2022 de Alberto Núñez Feijóo para liderar o PP.
Os nacionalistas de Ana Pontón (BNG) consolídanse como segunda forza, logrando unha vez mais un incremento ata os 22 deputados, cinco máis ca nas pasadas eleccións. E os socialistas, tras anos de descensos na comunidade, chegaron a un novo mínimo e baixaron por primeira vez por debaixo dos dez deputados, cun descenso dende os 14 ata os 9.
A Cámara autonómica complétaa un deputado de Democracia Ourensana, formación localista e populista que aspiraba a ser a chave entre bloques para formar goberno.
Nin Vox, nin Sumar nin Podemos acadaron representación, e tampouco a forza emerxente de Espazo Común Galeguista, liderada polo carballiñés Pachi Vázquez. As expectativas dun cambio a un gobierno en coalición progresista non se chegaron a cumprir despois destes comicios.