O Carballiño segue nos 8 casos activos. Boborás retrocede hoxe ós 14 casos, un menos ca onte

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 23, unha cifra que agora evoluciona en función da situación do Carballiño e de Boborás.

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos dende o pasado martes. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante. Esta semana pasaba a duplicar os contaxios, presuntamente a causa da celebración dun funeral. Hoxe os datos baixan de novo, cun contaxio menos ca onte, establecéndose nos 14 positivos. Maside mantén hoxe un caso activo. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE