A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño realizou unha nova concentración de loita polo servizo de pediatría o pasado venres. Esta foi unha acción simultánea coas plataformas de Xinzo e Verín. A pesar das últimas reivindicacións, e promesas, polo de agora segue sen haber cambios tras cinco meses dende a xubilación da última pediatra.
O pasado 19 de xaneiro, aseguran que o conselleiro prometeu que nun prazo de quince días terían un pediatra, e aínda non chegou este profesional. Como iniciativa, copiaron unha proposta doustras plataformas, na que colgaron un baixalinguas no que figuraba o nome de cada nenos que acudiu á concentración representando a cada un dos nenos que non ten pediatra.