O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) convoca o Primeiro Concurso de microrrelatos

O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) convoca o Primeiro Concurso de microrrelatos dentro dunha nova actividade que denominamos Primavera literaria. É unha iniciativa promovida polo IEC e que conta coa colaboración inestimable de tres socios -empresarios- que financian o proxecto.         

I CONCURSO de microrrelatos do Instituto de Estudios Carballiñeses-2024

AVANTAR ACTIVIDADES

Xénero:  Microrrelato

Idioma: Galego

Tema:   Libre

Aberto a persoas maiores de 16 anos.

Premios:  

1º premio: 1.000€ e diploma.    

2º premio: 500€ e diploma.

3º premio: 250€ e diploma.

Entidade convocante: INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES 

Data de peche dos participantes:  30 de xuño de 2024

BASES

O Instituto de Estudios Carballiñeses  convoca a Iª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:

  1. O microrrelato debe ser orixinal e inédito (por inédito enténdese que no teña gañado ningún premio nin se teña difundido en ningún medio con anterioridade.
  2. O texto non deberá exceder dos 1.200 caracteres, con espazos e título incluídos.
  3. As obras enviaranse por correo electrónico co asunto: I Concurso de microrrelatos “Instituto de Estudios Carballiñeses”,ao enderezo idecarballino@yahoo.es

Tamén se poderán enviar por correo postal a este enderezo: A M G. Praza de América, nº 3-2º D.  36211 Vigo

  • Axuntaranse ao correo dous arquivos:

1º arquivo/sobre: conterá o relato firmado con pseudónimo e, para identificalo, levará por nome o título do relato.

2º arquivo/sobre: nomearase coa palabra “PLICA” e o título do relato, debendo conter os datos persoais (nome, enderezo, DNI, teléfono e e-mail do autor/a).

  • Os envíos deberán chegar ao seu destino antes das 12h do 30 de xuño do 2024.
  • Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 microrrelatos.
  • O xurado estará formado por socias e socios do IEC, expertos neste xénero literario, ao que se poderán engadir persoas competentes no tema non socios/as do IEC
  • Os microrrelatos premiados serán publicados polo Instituto de Estudios Carballiñeses  e os non premiados serán destruídos.
  • Os microrrelatos premiados quedarán en propiedade do IEC para a súa publicación, difusión ou uso que considere oportuno.
  • A participación no concurso supón a total aceptación destas bases.

Entrega de premios:

O Instituto de Estudios Carballiñeses organizará un acto de entrega de premios que se publicará oportunamente.

Os mecenas dos premios -empresarios e socios do IEC- son:

Antón Alonso Suárez………….. …………….. Viños e Camiños

Valeriano Gómez Salve……………………….. Maderas Gómez

Rogelio González Fernández “Escaleira”…Rogescaleira