Ribeiro en Común reclama que as administracións se fagan cargo dos danos que presentan as instalacións deportivas. Fano a través do seguinte texto:
“Ribeiro en Común recorda que a comarca do Ribeiro dispón de un único pavillón que alberga actividades para toda a comarca, e ese é o de Ribadavia.
Así mesmo, recorda que existe un único IES comarcal que usa un pavillón de titularidade municipal como aula de educación física.
Razóns máis que suficientes para que Xunta e Deputación que neste mes inauguraron a nova cuberta do Pavillón de Castrelo de Miño, fagan o propio en Ribadavia.
Non nos parece de recibo esta situación, máis se cabe cando o alcalde de Ribadavia é tamén o deputado provincial de deportes da Deputación de Ourense.
Ribeiro en Común reclama este investimento na capital da comarca, pois sempre defendemos que non queremos ser máis ca ninguén pero tampouco menos.
Esta demanda é coñecida por todos os grupos municipais desde fai anos, e así ía recollido no Proxecto realizado polo noso goberno, que por falta de financiación e apoio de Xunta e Deputación non puido realizarse.
Agora, continuamos a reclamalo , pois é unha demanda moi necesaria e que conta co respaldo de centos de usuarios e deportistas.
Recordamos, que o pavillón municipal do Consello está datado de 1987, e a pesar da importante obra do pavimento que se está a levar a cabo, o seu tellado é o orixinario.
O de Maquiáns, tras máis de dúas décadas sendo usado pola Consellaría de Educación da Xunta tampouco nunca foi arranxado.
Ambos tellados tiveron que ser reiteradas veces arranxados polo Concello en solitario nestes anos, xa que existían importante deficiencias nos días de intensas chuvias.
Castrelo, Cortegada ou Arnoia son só uns poucos exemplos próximos a Ribadavia que obtiveron axuda ou participación da Xunta e/ou Deputación para reformas importantes destes pavillóns, sen a pesas uso deportivo.
Por este motivo, desde Ribeiro en Común retomamos esta reivindicación que consideramos xusta, e recordamos que Ribadavia a pesar de albergar pavillóns con actividade comarcal, e educativa, e non só destinada aos noso veciños, aínda non se beneficiou dos investimentos que Xunta e Deputación si destinaron a outros pavillóns de menor uso.
Esta é a segunda das Mocións que o noso grupo leva ao Pleno de febreiro, do vindeiro xoves, para a súa aprobación”.