A organización da 29 edición do OUFF, xa en marcha

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A organización da 29 edición do OUFF xa está en marcha. Hoxe tivo lugar na Deputación a primeira reunión de coordinación entre o equipo do Festival de Cine de Ourense e o presidente provincial, Luis Menor, dado que a institución é a propietaria e máxima responsable deste certame, o máis importante de todo o ciclo cultural anual na provincia e o festival de referencia en Galicia.

Á reunión asistiron Miguel Anxo Fernández, Aurelio Gómez Villar, Xosé Manuel  Rodríguez e Antonio Piñeiro como representantes da organización do 29OUFF.

COMERCIAL ORCELLÓN

Nesta primeira reunión de traballo xa se puxeron de manifesto cuestións fundamentais como as datas do certame (do 27 de setembro ao 6 de outubro), ademais da previsión de actividades que se desenvolverán durante a celebración do festival.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------