A Deputación destinará neste mandato preto de medio millón de euros ao Concello de Gomesende no marco do Plan CooperOU

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo coa alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez, encontro no que repasaron as accións previstas polo concello coa achega de máis de 138.000 euros que recibirá neste ano no marco do Plan CooperOU, actuacións que se centrarán en arranxos de inmobles e obras de abastecemento, ademais de destinar unha parte a amortización de débeda.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha clara liña de colaboración institucional, sinalou Menor, que destacou que ao remate do presente mandato o Concello de Gomesende “terá recibido preto do medio millón de euros”.

O presidente da Deputación e a alcaldesa tamén repasaron outras axudas, como os case 48.000 recibidos na última modificación de crédito e destinados ao arranxo de beirarrúas, abordando ademais outras cuestións como a necesidade de melloras e mantemento en vías municipais.