O Cine Club proxecta este venres “Opponent”

Este venres o Cine Club pecha o mes de marzo coa proxección da segunda película do director sueco-iraní Milad Alami, “Opponent”, filme que foi candidata por Suecia aos premios Oscar 2024. Iman é un campión de loita libre que se ve obrigado a marchar de Irán rumbo a Suecia coa súa familia por mor dun rumor devastador. Incumprindo unha promesa que lle fixo á súa esposa, e co convencemento de que así terá máis posibilidades de obter asilo político, Iman únese ao grupo de loita local. Porén, a medida que os rumores comezan a rexurdir, o medo e a desesperación empezan a apoderarse de el. Magnífica película que mestura drama e thriller aportando unha visión orixinal e diferente sobre o mundo da inmigración.

Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES