Actividades do mes de abril no Centro sociocomunitario do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño damos conta das actividades que levaremos a cabo o vindeiro mes de abril e nas que as persoas interesadas se poden inscribir a partires do 25 de marzo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con motivo da conmemoración do día internacional da saúde teremos dous talleres temáticos por unha banda : taller de alimentación saudable o día 6 e por outra, charla da escola galega de saúde pública: cómo prepararse para unha cita co médico, o día 10.

Co gallo do día do libro o día 23 personalizaremos unha bolsa de tela para libros.

Aproveitamos para recordar que dende fai un ano somos un punto Bookcrossing de intercambio de libros que tivo unha moi boa acollida e invitamos a desfrutalo a aqueles que non o coñezan.

Tamén o longo de todo o mes teremos unha II edición do curso monográfico de arteterapia: “cadros de area”, impartido por Lucía de Cordearea.