Antón Jardón
Curriculum Antón Jardón
“Presiento que tras la noche / vendrá la noche más larga, /
quiero que no me abandones, / amor mío, al alba, / al alba, al alba.”
(Al alba, Luis Eduardo Aute)
No libro A festa da insignificancia, publicado en 2014, Milan Kundera aconséllanos que non tomemos o mundo en serio, porque non hai maneira de cambialo. Mesmo pensa que nin sequera é posíbel darlle un simple lavado de cara, para que pareza soportábel. Malia todo, conclúe que tomalo de broma tampouco paga a pena. Velaí o dilema. Dez anos despois de saír á luz esta novela-ensaio, na que o autor checo reflexiona sobre a risa e a mediocridade, un dos dous fermentos da obra, a risa, está a piques de podrecer no cuarto da insignificancia, mentres o outro, a mediocridade, espichada no rostro e no ser teixugos revirados (multimillonarios, poderosos e lambecús sen ética nin estética) apodérase do mundo, co único obxectivo de convertelo na gran esmorga dos señores medievais, onde a cidadanía non será máis ca unha recua de formigas servas e malpocadas, desposuídas de todos os dereitos. Do de rir e sorrir, tamén.
Os monarcas da posverdade, só saben pronunciar a palabra liberdade para profanala, sementan tanto odio e fabrican tal cantidade de trolas, que mesmo consiguen apagar as nosas inquedanzas. Estamos no mundo para buscar as diferenzas entre El Hormiguero e La Revuelta. E, como non somos capaces de descubrilas, porque non as hai –e se as houbese serían irrelevantes– discutimos sobre cal das dúas trapalladas acada máis audiencia, como se semellante dilema tivese algunha importancia.
Mais, todo este panorama crepuscular trunfa porque hai tempo que perdemos o valor, ou porque carecemos do ánimo necesario para remelarnos; ou talvez, porque nunca nos paramos a pensar que esta casta depredadora –neoliberais e neofascistas, aos que a nosa covardía nos impide nomealos sen o prefixo ‘neo’– só nos permitirán figurar no mapa mentres nos comportarnos como consumidores inocuos. Así que, despois de extirparnos a memoria e obstruír a nosa capacidade de pensar, ao cártel dos señores mediocres xa lle dá igual que o cualifiquemos de neofascista, con ‘neo’ ou sen ‘neo’, porque ao fin e ao cabo non somos máis ca unha morea de ramallada, á que non lle importa deixarse queimar para ser o fume e a cinza do infausto futuro que teñen planificado.
Así que, se hai uns anos, malia apamparnos discretamente, aínda eramos donos da nosa risa, hoxe só sabemos rirlle as súas parvadas. E mañá? Mañá non seremos máis ca ovellas anestesiadas co cu pegado ao sofá, mirando cara a televisión, para ver a millonarios xogando ao fútbol ou aos Broncanos, Pablomotos, tertulianos de quenda e militantes indocumentados, seleccionados polos amos do cotarro, para adestrar cada un ao seu rabaño, ata facelo caer aletargado na longa noite da insignificancia.
[O meu tío Lisardo pensa que, tal e como sopra o vento, non tardaremos en padecer un goberno (con ou sen ‘neo’) de orde mundial –so de machos, claro– presidido por un tal Elon Musk, no que Trump e os seus Abascales ocuparán as carteiras importantes. Maiormente, un cura pederasta será o titular do Ministerio de Asuntos sexuais e o xefe de gabinete de Ayuso o de Trolas e Posverdades]
Outros Artigos de Antón Jardón :
“A Bernardino Graña. Lembranzas do in illo tempore”
“A teimosía da perpetua escuridade”
“O gozo de pasear sen ir cara a ningures”
“A espantosa realidade das cousas”
“Anatomía do frío que non cesa”
“Recompor a memoria. En galego, claro!”
“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”
“As gloriosas fragancias da Gloria”
“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”
“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”
” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “
” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “
” Que é un alcalde de tarifa plana? “
” Concellos galegos ou concellos de Galicia “
” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “
” O espello convexo e os carneiros mochos”
Que tropa, que tempos…, que ventos!
Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen
Cando pretendes apalpar os sentires da noite
A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós
A insignificancia das cativezas
Don Alberto e a súa circunstancia
O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan
“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”
“O estado da nación / O estado da ficción”
“A insipidez minguante da esquerda cortesá”
” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “
Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.
” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “
” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “
” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “
” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “
” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “
” O desencanto de don Claudio “
” Vai moito frío en Penalonga “
“Unha ovella na tulla do diñeiro”
” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “
” Contando tardes, sobre todo, tardes “
” A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco) “
“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”
” A codia das ausencias en tempos adversos “
” A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato] “
” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “
” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “
” Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte) “
” Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español “
” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “
” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “
” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”
” Non hai doce sen trece (corolario) “
” Non hai doce sen trece (segunda parte) “
” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”
” Antollo e o xurelo guisado [relato] “
” O can vello, o amo e o patrón [relato] “
” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “
” O corvo e o alcalde [relato] “
” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “
” Unha muller confinada no supermercado “
“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”
” 5 de abril, Domingo de Ramos “