Novo colectivo cultural no Carballiño: “Anacos do Lecer”

O  vindeiro xoves, dia 4 de abril as 18.30, un novo colectivo cultural nado no Carballiño inicia  a sùa traxectoria dentro  do tecido asociativo da vila.

ANACOS  DO LECER è a denominaciòn dunha nova entidade que tèn coma obxectivo  fundamental establecer vìnculos de colaboraciòn co resto de agrupaciòns  da localidade para consolidar o panorama cultural do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

O  colectivo presidido por Ana Isabel Dominguez Gaviàn  principia  a sùa andaina ca inauguraciòn dunha exposiciòn fotogràfica -o xoves- que leva coma titulo;  UNHA MIRADA HACIA LA MUERTE-ALTARES, OFRENDAS Y CATRINAS;  un  total de 40 instantàneas  que nos achegan  a unha  das  tradiciòns  mais vistosas e  enxebres  de Mèxico: EL DIA DE MUERTOS , as cales son  cedidas pola Embaixada de Mèxico en España.

Creatividade e tècnica fùndense nun traballo a càrrego do renomeado    fotògrafo  azteca Ricardo Maldonado Garduño, autor  dunha exetensa e prolìfica obra  artìstica

Esta iniciativa è posible gracias à  colaboraciòn do colectivo MEXICANOS EN GALICIA e a AGRUPACION FOTOGRAFICA O POTIÑOS, en cuio  local permanente  de exposiciòns  -situado na rùa Rosalìa de Castro ( edificio  Ramòn Garcìa detras kiosco ONCE)- poderase  desfrutar dunha viaxe ò Mèxico mais profundo e ancestral  ata principios do mes de maio

 En outra orde de cousas, mencionar  que dende ANACOS D0 LECER, estase a ultimar a sùa  proposta de actividades para  este primer semeste de 2024 no que hai que destacar o inicio do seu  CLUBE DE  LECTURA o  proximo dia 6 de abril  às  16.30 na librarìa CASTRO do  Carballiño.