O partido Galego celebra o seu 1º Congreso Nacional, baixo o lema: “Galicia convócanos!”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado 6 de abril, terá lugar no Hotel Congreso do concello de Teo, o 1ºCongreso do PG, e que rematará a xornada co acto principal ás 18:00 h.

O evento dará comezo as 10:30 h coas correspondentes acreditacións, e ao longo do día aprobaranse os documentos de Resolucións, Tese Política, Liña Estratéxica e Estatutos.

COMERCIAL ORCELLÓN

No que respecta a renovación de cargos orgánicos, está a candidatura de membros permanentes no Consello Nacional formada por 12 persoas, que é renovada nun 80% a respecto do anterior congreso constituínte do ano 2022. A continuación procederase en votacións diferenciadas a elección da Secretaría Xeral, da Presidencia e por último da Executiva Nacional, que constará de 7 membros permanentes aos que se sumarán nos vindeiros días por aprobación da afiliación nos territorios, de outros 5.

            O acto principal da xornada, acto público para simpatizantes, prensa, delegacións…será as 18:00 h.

            Este acto comezará con interpretación de música tradicional por un grupo coñecido do partido, seguirán as saúdas ás delegacións convidadas entre as que está a do BNG, e dará paso as intervencións políticas.

            A primeira será a cargo do Senador do PNV Luke Uribe-Etchebarría Apalategui, e a continuación a persoa electa no Congreso como Secretaría Xeral e por último a persoa electa para Presidencia do PG.

Convidamos a través deste comunicado de prensa, a todos os medios que o recibides e por suposto a comentaristasxornalistas e politólogos, a compartir durante media hora un encontro de prensa cos membros da nova Executiva Nacional, entre os que estará lóxicamente a Secretaría Xeral e Presidencia. Este encontro terá lugar ás 17:00h nunha sala reservada no propio Hotel Congreso.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------