O obradoiro Carbosam comeza os traballos de empedrado das sendas no entorno da Veracruz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño realizou un proxecto co fin de  definir o trazado e características da construción de bases e pavimentos de sendas, na zona verde do Templo da Veracruz. A solución pasa por realizar unha pavimentación das sendas para atallar o problema de formación de fendas, barro e charcos no actual pavimento terrizo, debido ó desprendemento e arrastre do material provocado pola choiva. As obras están sendo realizadas polos traballadores do obradoiro Carbosam. O material empregado estímase que rondará os 44.000 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Obradoiro Carbosam está composto polos concellos de Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside, contando con módulos de forestal e albañilería na que se forman vinte persoas cunha duración teórico-práctica ao redor dun ano.